Saltar ao contido

Atol Katiu

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:Xeografía políticaAtol Katiu
Katiu (fr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 16°26′S 144°22′O / -16.43, -144.37
ColectividadePolinesia Francesa
División administrativa da Polinesia FrancesaIllas Tuamotu-Gambier
Comuna da Polinesia FrancesaComuna de Makemo Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Parte de
Superficie27 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porOcéano Pacífico Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario

Katiu é un atol de Tuamotu, na Polinesia francesa. Administrativamente é unha comuna asociada na comuna de Makemo. Está situado a 25 km ao nordés de Makemo e a 13 km ao norte das illas Raevski.

Xeografía

[editar | editar a fonte]

O atol ten unha forma ovalada de 27 km de longo e 12,5 km de ancho. A superficie emerxida é de 27 km². A lagoa interior, de 235 km², ten un paso navegable chamado Pakat.

A vila principal é Hitianau, situada ao norte á beira do paso. A poboación total é de 375 habitantes (censo do 2002), que viven principalmente do cultivo de perlas negras e da copra. Dispón dunha igrexa católica e dun aeroporto rexional inaugurado en 2001.

Foi descuberto o 1820 por Fabian Gottlieb von Bellingshausen que o chamou Osten-Saken ou Saken.